INICIO - PRESENTACIÓN

Scriptum Digital é unha revista electrónica de acceso libre na rede dedicada a promover investigacións de calidade sobre os aspectos teóricos e metodolóxicos relacionados coa edición dixital e os córpora diacrónicos informatizados nas linguas iberorrománicas (desenvolvemento informático de bases de datos textuais, elaboración e exploración do corpus, aspectos filolóxicos da elaboración de corpus e da edición dixital, estudos lingüísticos baseados en corpus, etc.). A revista non favorece ningunha corrente teórica ou metodolóxica en particular.

Os artigos publicados en Scriptum Digital son seleccionados a través do procedemento de avaliación de revisión por pares (peer review) co sistema de duplo-cego. As linguas de publicación da revista son todas as iberorromances e mais o inglés. Actualmente Scriptum Digital ten unha periodicidade de un número anual.

Scriptum Digital é unha iniciativa de varios grupos de investigación: a Rede Internacional CHARTA (Corpus Hispánico y Americano en la Red: Textos Antiguos), coordinada por Pedro Sánchez-Prieto (Universidad de Alcalá de Henares) e os grupos dedicados a córpora diacrónicos coordinados por Andrés Enrique Arias (Universitat de les Illes Balears) e Joan Torruella (ICREA-Universitat Autònoma de Barcelona).

A publicación foi iniciada por unha doazón recibida polo Ministerio de Ciencia e Innovación (FFI2010-10361-E).